martes, 6 de marzo de 2018

Estamos en reformas!!

Comezamos o curso con reformas na biblio, unha man de pintura, una cantos mobles e... moito que organizar!!!


xoves, 21 de abril de 2016

CRA CONTOS DE ABRIL

Temos que aproveitar a oportunidade de disfrutar dun novo cracontos xa que é o penultiumo deste curso. Coincide ademáis no mes dos libros, onde se celebra a conmemoración do libro infantil e xuvenil o 2 de abril e o día do libro o 30 de abril.

O conto co que nos vai agasallar a nosa contacontos favorita, Auri, nesta ocasión é un dos imprescindibles de Eric Carle  en tódalas bibliotecas:

Oso Pardo, oso pardo, ¿qué ves ahí?

Texto de Bill Martin Jr. Nueva York: Henry Holt and Company, 1998; 26 pp.; trad. de Teresa Mlawer;

Unha osa inmensa no corazón dun bosque susurrante; e nas pendientes escarpadas da montaña. Que fai tremer aos adultos e aos cordeiros pero non a unha fráxil Omega, que se deixa cair nos seus brazos para despois camiñar xuntas cara os cumios.

martes, 15 de marzo de 2016

CRA CONTOS MARZO

Xa nos estamos achegando ao terceiro xoves do mes de marzo e con el unha nova cita cos Cracontos.

Nesta ocasión a historia é un clásico imprescindible en calquera biblioteca pero a gran sorpresa está na actividade que acompañará ao conto. Non vola verdades!
Imaxinica agardavos o Xoves 17 de marzo de 17 a 18.

A EIRUGIÑA COMELLONA
ERIC CARLE



  • Editorial: KOKINOS
  • Lingua: GALEGO
  • ISBN: 9788492750672

RESUMo Do LIBRO:

A eiruga era moi pequena, pero tiña unha fame enorme. Así que posase todo este conto comendo, atravesando páxina tras páxina. Ata que finalmente convertiuse, coma todas as eirugas, en borbotea.

luns, 15 de febreiro de 2016

CRA CONTOS FEBREIRO

Xa estamos de novo preparadas para outra sesión de cracontos. Nesta ocasión as contacontos son ben coñecidas por todo o alumnado do noso cole. Se queres descubrir quenes son, aquí vos agardamos na nosa biblio o Xoves 18 de febreiro de 17h a 18h.

Aquí vos vai un avance das historias que imos disfrutar:

O RABAÑO


TEXTO: MARGARITA DEL MAZO 
ILUSTRACIÓN: GURIDI

PREMIO AO MELLOR ALBUM ILUSTRADO GREMIO LITERARIOS DE MADRID 2014


Ser ovella é moi doado. Só hai que seguir o que di o manual: pasear, comer, durmir... pasear, comer, durmir... e axudar a durmir. Non fai falla pensar, abonda con facer o que fan as outras ovellas do rabaño. Pero que pasa cando unha ovella non segue o manual? Que se converte en... unha ovella negra! E como se consegue que a ovella número 4 axude o Miguel a adormecer?

MARGARITA DEL MAZO 
Naceu en Malpica de Tajo (Toledo). No seu pobo natal alzase un castelo con torres, almenas, foxo e uns enormes muros que baña ese río que le da apelido. Neste lugar, creo de pasadizos, túneles e fantasmas, garda historias secretas quede contaban as súas avoas. Foron as que fixeron dela unha auténtica cuentista.
Licenciada en Dereito, pronto viu como o seu camiño se dirigía cara o mundo dos contos. Narra historias de viva voz e sobre papel.

Alguns dos seus libros publicáronse ata en doce idiomas. Como autora, gañou con algunhas das seas obras, premios literarios de gran prestixio como o Premio Lazarillo de Albúm Ilustrado e o Premio Álbum Ilustrado do Gremio de Libreiros de Madrid.



GURIDI
Raúl Nieto Guridi (Sevilla, 1970), fillo de pai delineante e de ni pintora, estudiou Belas Artes por auténtica devoción e vocación. No terreno laboral pasou por empresas de publicidade, de decoración, de arquitectura efímera e do deseo gráfico. Dende o ano 2006 complementa o seu trabajo de profesor de secundaria (Debuxo) coa ilustración.

Segundo a suas propias palabras, no ano 2009 atopa "un estilo propio" e ao ano seguinte começa a publicar dum modo imparable para editores como AH Pípala, OQO, Narval, A buen paso, Litera, La fragatina e Tres Tigres Tristes, destacando as súas colaboracións con escritoras coma Mar Benegas, Margarita del Mazo e Pablo Albo entre outros.
Con textos propios publica " Si yo fuera un gran gigante", "El rey de nada" e "Pasen y vean. Cuaderno de imaginar", no que consegue dar unha volta de rosca aos libros de actividades para nenas e en mediante suxestivas propostas.
Con textos propios publica "Si yo fuera un gran gigante", "El rey de nada" y, con nuestro sello, "Pasen y vean. Cuaderno de imaginar", en el que consigue dar una vuelta de tuerca a los libros de actividades para niños mediante sugerentes propuestas.


IMOS CAZAR UN OSO

Versión de MICHAEL ROSEN
Ilustracións de HELEN OXENBURY
Tradución de SANDRA e ÓSCAR SENRA GÓMEZ 

Imos cazar un oso, un oso grande e fabuloso. Oh, que fantástico día! Ninguén lle ten medo ao oso! Oh-ooh! Herba! Herba alta e mesta. Por riba non podemos pasar. Por baixo non podemos pasar. Oh! Non! Terémola que atravesar!

Un pai e os seus catro fillos inician unha aventura que os levará a ir atravesando un campo de herba, un río, un bosque...
ata que finalmente chegan a unha cova na que aparece un oso que os fai fuxir desandando a toda présa o camiño de volta

á casa. 

A partir dunha canción tradicional, Michael Rosen elabora un texto sinxelo cunha estrutura rimada e repetitiva que, no clímax do relato, invirte a orde de todas as accións. É un álbum ideal para primeiros lectores. Ao intercalar onomatopeas que describen os movementos da familia, resulta un conto moi dinámico. Ademais, recrea un ambiente sonoro propicio para ser contado e para involucrar o público infantil na narración.
Dende o punto de vista artístico, “Imos cazar un oso” comeza na mesma portada e, incluídas as gardas, ofrece acuarelas
a dobre páxina que enchen a vista con paisaxes e panorámicas nas que destaca a representación da natureza. Helen Oxenbury -que para crear os personaxes inspirouse nos seus fillos
e mesmo no seu propio can- fai un xogo visual ao alternar imaxes en branco e negro con ilustracións en color para diferenciar os planos nos que a familia se dispón a afrontar cada obstáculo, coas escenas nas que se describe como
van evolucionando os protagonistas. Son ilustracións
que van mudando de tons luminosos e lixeiros a cores densas e escuras a medida que se vai acrecentando o suspense
para volver á claridade do fogar. 


MICHAEL ROSEN
(Harrow, Middlesex, 1946)
Ao rematar os estudos no Wadham College de Oxford, en 1969 empezou a traballar na BBC e foi guionista de programas infantís educativos. En 1974 publicou o seu primeiro libro de poesía para nenos. Nos 90 completou a súa formación sobre literatura infantil nas Universidades de Reading e North London. Impartiu clases na Universidade de Londres. Presenta un magazine radiofónico na BBC. Ten recibido nume- rosos premios, como o Children’s Laureate en 2009, e recoñecementos académicos nas Universidades de Exeter, Nottingham e East London, entre outras. Foi nomeado Cabaleiro das Artes e das Letras polo gober- no francés. En 2010 a Unión Nacional de Profesores concedeulle o Premio Fred e Anne Jarvis. www.michaelrosen.co.uk



HELEN OXENBURY
(Ipswich, Suffolk, 1938)
A pintura interesoulle dende moi nova. Estudou na Escola de Arte de Ipswich e na Escola Central de Arte e Deseño de Londres, onde coñeceu o que sería o seu home, o autor e ilustrador John Burningham. Traballou como deseñadora e escenógrafa en compañías de teatro, na cadea de televisión ABC e nos estudos cine- matográficos Shepperton. Dende 1967 desenvolveu unha importante carreira como autora e ilustradora de libros infantís. Vendeu millóns de copias dos seus títu- los, convertidos en clásicos actuais do seu xénero. Gañou en dúas ocasións a Medalla Kate Greenaway e o Premio Kurt Maschler, e ata tres veces o Premio Smarties Book; a súa obra foi distinguida pola Asocia- ción Británica de Bibliotecarios. É unha das creadoras máis valoradas polos expertos en LIX do seu país. 



E como non, despois dos contos unha actividade coa que nos levaremos un recordo para a nosa casa.
Que ganas de que chegue o día!

Esperovos na nosa biblio!
Un bico enorme,
IMAXINICA

mércores, 3 de febreiro de 2016

A PAZ

A nosa biblioteca chegou unha bandada de pombas mensaxeiras, cargadiñas de mensaxes de paz, Imaxinica acolleunas encantada e alí nos agardan.




mércores, 27 de xaneiro de 2016

mércores, 20 de xaneiro de 2016

CRA CONTOS

Imaxinica está emocionadísima porque este xoves chega outra sesión de CRA Contos. Nesta ocasión teremos o pracer de disfrutar de dúas historias estupendas:


CHIVOS CHIVONES


Había unha vez tres chibos que vivían no alto dunha montaña: o chibo chibón pequeno, o chibo chibón mediano
e o chibo chibón
grande...


Un día viron unha herba moi verde que crecía no outro lado do río. Pero para chegar aló había que cruzar unha ponte
e debaixo dela vivía un ogro terrible que non deixaba pasar a ninguén. Así pois, o chibo pequeno, o chibo mediano

e o chibo grande tiveron que argallar o xeito de burlar
o monstro. Unha historia que demostra que a intelixencia e o enxeño poden máis que a forza física.

Olalla González
 Adapta para os primeiros lectores este conto popular europeo, cunha versión especialmente creada para ser contada. En “Chibos chibóns”, os cativos atoparán un xogo
de tamaños, números e sons, que tamén se traduce nun xogo tipográfico a través das páxinas do libro. Federico Fernández apórtalle á historia unha boa dose de humor, creando personaxes dotados de moita expresividade.
Existe outra versión deste álbum adaptada á linguaxe
de pictogramas SPC, na colección Makakiños de KALANDRAKA, destinada a persoas con necesidades educativas especiais.
Diplomada en Maxisterio, na especialidade de Educa- ción Primaria. Especialista en animación á lectura, é mestra, narradora e imparte obradoiros de plástica e de literatura. Traballou na libraría Libros para Soñar e no departamento de edición de Kalandraka. Tamén adaptou o conto titulado “Garavanciño”. Actualmente coordina o espazo LoboCoxo, en Bueu.
Federico Fernández(Vigo, 1972)
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, na especialidade de Pintura. Entre outros galardóns, recibiu o 1o Premio Nacional de Ilustración 2001 por Onde perdeu Lúa a risa?” (Kalandraka). Participou na obra colectiva “Miguel Hernández, 25 poemas ilustrados” (3o Premio Nacional de Edición-Libro de Arte). É un dos promotores do espazo artístico El Halcón Milenario (Vigo). Actualmente é profesor na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. http://doctorfredy.blogspot.com.es 

PACO

O rato da Lúa chámase Paco.
Paco marchou á lúa porque lle tiñan dito que era de queixo fresco. Meteuse nunha nave espacial e, nada máis chegar...


Unha vez na Lúa, Paco decatouse de que non todo era como el pensaba e sentiu ‘morriña’ de todo canto lle resultaba familiar. Pero tamén descubriu que a Lúa pode ser un berce acolledor, cálido e melodioso.
“Paco” é unha obra poética que fala de nostalxia e amizade. A súa autora é unha coñecida narradora oral que traballa no eido infantil como contacontos, escritora e compoñente do grupo de Teatro Berrobambán. Publicou con KALANDRAKA as obras tituladas “Mateo”, que recibiu unha Mención de Honra do Gremio de Libreiros de Cataluña, e “Smara”, que foi galardoada co Premio Isaac Díaz Pardo ás Mellores Ilustracións e incluida pola Biblioteca Internacional da Xuventude, con sé en Munich (Alemaña), na selección ‘The White Ravens’.
Nas ilustracións, que destacan pola súa gran calidez, empregouse unha técnica mixta a base de collage e ceras brandas. Blanca Barrio compatibiliza o seu labor no ensino coa faceta como ilustradora de libros infantís.
PAULA CARBALLEIRA (Fene, 1972)
Licenciada en Filoloxía Hispánica. Completou a súa preparación no ámbito artístico con cursos de interpretación, técnicas de actor e expresión corporal. Como contadora, faceta á que se adica dende 1994, ttraballou en programacións culturais en Galicia e no resto de España, Portugal, Brasil e Chile, entre outros países.
Como actriz, pertence ao grupo de teatro Berrobambán; tamén participa en series de ficción para a Televisión de Galicia. Un dos seus últimos proxectos foi a montaxe teatral infantil titulada “A cabana de Babaiagá”, do Centro Dramático Galego.
BLANCA BARRIO (Burgos, 1967)
Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, especializada en Deseño Gráfico. Trala súa formación académica, exerceu como creativa en varias axencias de publicidade. Foi seleccionada ata en dúas ocasións no concurso de ilustración infantil e xuvenil da Xunta de Castela-León. Actualmente imparte clases nun instituto de educación secundaria de Galicia. Traballou no deseño de carteis para compañías de teatro e na ilustración de libros infantís.

  
e por suposto ao rematar unha superactividade para levar de recordo dunha tarde tan xenial.
Non faltedes!
Unha aperta,
IMAXINICA